miércoles, 27 de enero de 2010

Trabajo sobre la caricatura

Os dejamos el enlace:

http://www.slideshare.net/infografia2/trabajo-infografa

13 comentarios:

  1. Estaría ben que xa tivera o enlace para ir directamete e non ter que copiar.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Para Marta
    Paro. Arquivo Illustrator, problemas. Hai problemas cunha imaxe. ¿la siguiente gráfica? Unha entradiña é algo informativo que contextualiza os datos que se amosan na gráfica.
    Queixo. Arquivo Illustrator. O mapa nin se distingue e a zona menos. Os mapas deben incluir sempre os rótulos. O fixar a información nunha única variedade poderíase traballar coa produción, coas vendas, cós traballadores, coas cooperativas. Unha das tipografías, en corpos pequenos, non se visualiza ben.
    -------------------------------------
    Canon. Como unha película. O usuario non interactúa. Ten información pero non é doado acceder ó relato. Ven imposto.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Accidente en Londres. Como unha película. O usuario non interactúa. Ten escasa información e relevancia e trascendencia. Non é doado acceder ó relato. Ven imposto.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Para Agustina
    Queixos. Ben. Quizáis simplificar os elementos gráficos (fotografía e iconografía, no apartado de elaboración) para no recargar el proceso de visualización. Galicia, quesos de calidad.
    Paro. Correcto. Quizáis na entradilla sempre é mellor entrar xa cos datos, que é o elemento có que se traballa. E logo apuntar a información que complete eses datos. O esencial sempre nas primeiras liñas.
    -------------------------------
    Canon. Habería que explicar que é, por qué está aí, quen o cobra, cal é o obxectivo, que supón para o peto dos cidadáns. ¿as copiadoras son ás máis afectadas…?, por que? Ó mellor as administración por consumo de cds gastan máis. Habería que incorporar un título, parece que o das copiadoras actúa como tal. Para facer ese tipo de información hai que facilitar os datos. Hai que facer un relato no contemos a esencia. Non parece moi claro o apartado Reparto do canon. Está traballado, pero faltan detalles de carácter meramente informativo.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Automoción. Correcto. Claro. Poderíase arreglar un pouco os textos que aparecen, pero funciona e o acceso á información é sinxelo. O malo é que sempre queda na pantalla o último dato no que se pulsou. Falta algún evento do ratón para que desapareza e quede o mapa limpo.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Para Luís
    Paro. Arquivo Illustrator, problemas. Correcto. Título, algo longo. A foto de fondo ten moito contraste e dificulta un tanto a lectura.
    Cine. Arquivo Illustrator, problemas. “la presente clasificación”, non. ¿Quen elabora a clasificación’. Se se pon, recadación, en millóns; nominaciones, en puntos, xa non é necesario repetir en cada barra. O lóxico é que as barras foran de maior a menor ou de menor a maior, para ter unha secuencia lóxica. Penso que a algunha persoa xa llo comentou Xaquín. É máis visual a información.
    ---------------------------
    Canon. Non funciona. Enviar a película swf antes do luns, día 1 de febrero.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Cine. Non funciona, Enviar a película swf antes do luns, día 1 de febrero.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. Para Cristina
    Crise. Habería que ser un pouco máis precisa, adaptar título e explicación ós datos que imos mostrar. Ofrecer un contexto para non crear dúbidas. Sinxelo.
    Paro. Non hai datos no gráfico. Sí sería bo unha entradiña contextualizando a situación dos xoves. É a fonte, mellor noutra parte do diagrama, non te facilitou os datos específicamente. Hai que organizar a información de tal maneira que ofrezamos resposta a algunas preguntas que son consustanciais ó relato informativo.
    --------------------------
    Canon. Que é, por que, como, cando, onde, consecuencias. O saber que cobran polas cousas sen entender porque cobran, parece pouco informativo. Ademais non se pode volver á portada.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Cabalgata. Sen palabras. Se se aumenta a imaxe non se visualiza ben. A interfaz é sobre a que traballastedes en clase, pero non hai adaptación o traballo actual. Os números dos botón non se corresponden cos números do percorrido.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. Ánimo a tod@s! Aínda que a profesora non valore o suficiente o traballo feito para a asignatura que sepades que os compañeiros de clase que non escollemos Infografía vos apoiamos e que sabemos que traballachedes moito, que tivechedes que recorrer a tutoriais sobre os programas para facer os infográficos e que os traballos para expoñer vos levaron moito tempo. Algúns de vos incluso un tempo escaso xa que estamos en cuarto e moitos tendes prácticas en empresas. É unha lástima que non se vos recoñeza tanto traballo.

    ResponderEliminar
  7. Nota
    Marta, 7,5
    Agustina, 10
    Luis, 7,5
    Cristina, 6,5
    Notas provisionais (bocetos, blogs, infografías estáticas e animadas, exposicións teóricas)
    Revisión: mércores 3 de febreiro, de 10:30 a 14:00. Despacho 1.
    marotlo

    ResponderEliminar
  8. Alégrome que teñan compañeiros que os apoian. É moi de agradecer. Non pensei que fora necesario e tampouco pensei que as miñas obsevacións se fosen a convertir nunha ofensa colectiva. Lonxe da miña intención, pero está claro que nin eu nen todos vostedes aceptamos as críticas.
    Síntoo
    marotlo

    ResponderEliminar
  9. En canto as súas valoracións, dicir que as agradezo, que non sempe se acerta e neste caso parece que non se acertou. Parece que, a pesar de estar en cuarto de carreira, hai un certo número de persoas que pensan que habería que facer clases maxistrais. É curioso ademais que este ano fora un nos que se realizaron menos infográficos. Y, a pesar disto, os traballos, en xeral, eran correctos. Pero tamén o curioso é que vostedes viron nas miñas críticas unha carencia de recoñecemento. Desde logo, e por moito que publiquen cousas sobre mín, hai unha cousa clara que non somos capaces de admitir que as veces nos equivocamos.
    Algunhas persoas me escribiron tras os meus comentarios para darme o seu punto de vista.
    marita

    ResponderEliminar
  10. Tra-la lectura das súas valoracións (21), o resumo, e sempe desde a miña lectura, quedaría en:
    - queixas sobre o apartado programas, 15
    - apoio ás súas exposicións e ós blogs, 10, respectivamente
    - máis teoría, 8
    - Rexeito do exame, 6
    - Ben charla con Xaquín, 5
    - Moito traballo, 3
    - En xeral, un grande descontento
    - Propostas: necesidade de teoría, orientación á infografía interactiva, búsqueda dunha pedagoxía axeitada ó ensino da informática, máis traballo centrado na realización de infográficos, reducción de programas informáticos.
    Moitas grazas polo seu esforzo e moitas grazas polas súas opinións.
    marotlo

    ResponderEliminar
  11. Entre as queixas contra o exame, hai algunhas que aluden á inxustiza que supón estudiar cousas que non se explicaron. Polo que, en aras de resolver ese problema e como hai u número relevante de persoas que apoiaron as exposicións, entón o exame estará centrado únicamente sobre os contidos elaborados por vostedes e os debates.
    Moitas grazas
    marotlo

    ResponderEliminar
  12. o exame do día 11 consistirá en 10 preguntas curtas sobre a documentación que lles entreguei.
    marotlo

    ResponderEliminar
  13. Bó, o exame é o día 12, como vostedes ben saben
    marotlo

    ResponderEliminar